Museo Municipal Manuel Torres

Museo Municipal Manuel Torres

Museo Municipal Manuel Torres

986 89 11 88

museo.torres@concellodemarin.es
Avenida de Ourense, 36900

Tarifa: gratuita
Martes a Venres: 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas
Sábados e Domingos: 11.00 a 14.00 horas

A pintura en Marín ten un nome propio, Manuel Torres. É o artista pictórico máis importante da nosa vila e da nome ao Museo Municipal, ubicado na Avenida de Ourense, entre a Casa Consistorial e a Alameda de Rosalía de Castro.

Manuel Torres, nado en Marín en 1901, é un dos grandes exponentes da pintura galega da súa época e mantivo estreitas relación con outros artistas da súa época, como con Carlos Maside. A súa influencia será vital para que Torres comece colaborar en xornais con debuxos e viñetas, nos que xa se entreve a inspiración e a admiración que lle suscita a obra satírica de Castelao.

Na súa ampla traxectoria artística, Torres cultiva diversos xéneros, técnicas e temáticas: paisaxes, bodegóns, retratos e grabados, numerosos debuxos a lapis, tinta e óleo sobre lenzo. No Museo Torres poden verse as súas obras de diversas épocas, evidenciando as diferentes vertentes que explorou o artista, incluso no mundo da escultura.

Falece o 10 de maio de 1995, deixando ao Museo municipal en doazón cerca de 77 obras e máis de 500 debuxos, apuntamentos e bosquexos.

A maiores, o espazo alberga exposicións temporais tanto de artistas locais como doutros creadores da contorna, apoiando a nova creación galega.

[modula id=”9631″]

WEBS ASOCIADAS

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados