PMUS

PMUS

O PMUS: a guía da mobilidade urbana sostible de Marín

Marín xa conta co seu Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Marín (PMUS), unha ferramenta de planificación e un instrumento de concienciación para os cidadáns e as administracións, que nos permite ter claras cales son as nosas prioridades para facer un Marín máis ordenado e cómodo para vivir.

A creación deste documento forma parte dav Estratexia Marín Dusi, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea, e vén apoiar todas as iniciativas e proxectos que de aquí en diante se levarán a cabo para acadar unha vila máis urbana e sostible, poñendo no centro á veciñanza.

O Plan susténtase en tres grandes piares, dos que se extraen outros subtemas:

  • 1

    A mellora da mobilidade urbana, apostando pola sostibilidade, co fomento dos desprazamentos a pé e en bicicleta

  • 2

    A mellora da conexión entre o casco urbano e o medio rural, tan poboado en Marín e cunha vitalidade económica e social moi elevada

  • 3

    A posta en marcha de proxectos de mellora urbana no centro, que permitan renovar rúas e apostar por un urbanismo máis adaptado ás directrices da mobilidade urbana sostible.

“Temos as ideas, temos a análise e tamén moitos proxectos madurados e estudados”, explica a alcaldesa María Ramallo con respecto ao PMUS, que servirá como folla de ruta futura, grazas á cantidade de datos e información que contén. 

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados