Portocelo, Mogor e parte de Aguete xa contan co servizo de socorrismo

Portocelo, Mogor e parte de Aguete xa contan co servizo de socorrismo

O Concello de Marín inicia este mes de xullo con parte dos seus socorristas xa traballando e garantido a seguridade nos areais. De xeito concreto, contan con este servizo activo desde esta mesma tarde Portocelo, Mogor e Aguete 1.

O resto de praias poderán contar cos socorristas a partir do venres, xa que está previsto que mañá se realice unha nova proba de selección (en Mogor, a partir das 10.00 horas) para cubrir as vacantes que aínda están dispoñibles.

Por outro lado, estase rematando de configurar o sistema informático de conteo en tempo real do aforo das praias, un mecanismo de control que se traducirá nun semáforo con catro niveis (baixo, medio, alto e completo) que se poderá consultar a través da web do Concello, das redes sociais e dunha aplicación.

Previsiblemente, o sistema estará funcionando ao cen por cen a partir do venres, especialmente pensando de cara á fin de semana, cando se nota unha maior afluencia de persoas aos areais.

 

Anterior O lavadoiro Río de Casás estrea unha nova imaxe

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados