O Concello de Marín informa do inicio do período de exposición pública ao que estará sometido durante dous meses o plan parcial do polígono das Searas, presentado pola empresa Refrescos do Atlántico.
Este período durará dous meses e permitirá a aqueles veciños con terreos neste polígono a posibilidade de presentar observacións e alegacións a este plan parcial, en particular ao que atinxe ás súas titularidades.
A documentación do plan parcial estará a disposición da veciñanza nas oficinas do Servizo de Urbanismo do Concello, en horario de 09.00 a 14.00 horas.
Lémbrase que pola situación sanitaria é obrigatorio pedir cita previa para acudir ás dependencias municipais.