Posta en valor do CIP de Mogor: nova iluminación e sinaléctica para revitalizar a riqueza arqueolóxica de Marín

Posta en valor do CIP de Mogor: nova iluminación e sinaléctica para revitalizar a riqueza arqueolóxica de Marín

Posta en valor do CIP de Mogor: nova iluminación e sinaléctica para revitalizar a riqueza arqueolóxica de Marín

Marín, 25 setembro 2023

Os petróglifos de Mogor teñen un potencial incuestionable, sendo un conxunto arqueolóxico esencial cuns recoñecidos valores culturais e paisaxísticos, unido a un emprazamento xeográfico privilexiado. Por iso, e co obxectivo de poñelo en valor, a concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, anunciou que se está a levar a cabo un proxecto co que dotar de nova iluminación e dun novo equipo de musealización co Centro de Interpretación.

O obxectivo desta actuación é “converter os petróglifos de Mogor nun refernete patrimonial e turístico, mellorando o espazo verde nos que se atopan estes gravados cunha iluminación que tamén beneficiará á veciñanza e reforzando a sinaléctica en todo o exterior”, explicou a concelleira.

Ademais, actuarase dentro do CIP para que siga servindo como un antesala da visita aos gravados. Para iso, estase colocando unha nova proposta museística, con paneis renovados que aporten recursos explicativos, ilustrados e audiovisuais que permitan a mellor comprensión do que se visita.

Finalmente, levarase a cabo un levantamento topográfico mediante fotogrametría que permitirá incrementar o coñecemento científico que temos sobre os Petróglifos e toda a súa riqueza patrimonial.

A concelleira explica que este proxecto estase realizando ao abeiro dunha subvención de Turismo de Galicia ao 90%, a través dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGeneration EU.

Anterior O Samaín Briz ábrese a toda a sociedade

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados