Presentación de Campionatos de Ximnasia.

Presentación de Campionatos de Ximnasia.

Na mañá deste xoves tivo lugar a presentación dos seguintes campionatos:
– Campionato Galego Base Individual de Ximnasia Rítmica (Domingo 13 de marzo de 11 a 14:30)

– Copa Galicia Base de Ximnasia Acrobatica (Sábado 19 de marzo de 10 a 14)

– IX Copa Galicia Internacional de Ximnasia Acrobatica (Sábado e Domingo 19-20 de marzo)

Todolos campionatos celebraranse no Pavillon de A Raña.

Na presentación estiveron presentes o Concelleiro de Deportes de Marín (Antonio Traba), o delegado Provincial de Deportes da Xunta (Daniel Benavides) e o Presidente da Federación Galega de Ximnasia (Xosé Manuel Estevez). Benavides e Estévez agradeceron a disposición do noso Concello para acoller os campeonatos de deporte base e invitaron a todolos aficionados a disfrutar da Ximnasia nestas duas boas xornadas.

Dende o Concello non podemos esquecernos do Clube In Mare auténtico motor dos eventos sinalados a quen agradecemos a súa dedicación constante.

Anterior Tribunales Plan Concellos 2016.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados