Presentación da Andaina das Ciclomarchas.

Presentación da Andaina das Ciclomarchas.

CICLOMARCHAS HISTÓRICO-ARTÍSTICAS DE MARÍN domingo día 27 de marzo Andaina de 21 kilómetros coa Asociación Española contra o Cancro.

Na mañá deste luns presentouse a terceira etapa da XXXIII EDICIÓN DAS CICLOMARCHAS HISTÓRICO-ARTÍSTICAS DE MARÍN, sendo este domingo día 27 de marzo unha Andaina de 21 kilómetros, na que ao igual que o ano pasado colabórase coa Asociación Española contra o Cancro.

A andaina partirá dende a Praza de España as 9:00 horas e o donativo-inscripción (íntegramente destinada a Asociación Española contra o Cancro) será de 2 euros.

O Castro da Subidá, o Menhir de Currás, o Ollo da Moscosa no Rego de Maceiras, Pastoriza, as praias de Marín, … entre outros serán algúns dos puntos que os participantes terán ocasión de descubrir e coñecer. A organización ten situados dous puntos de avituallamento líquido (km 7) e sólido (km 11) pero avisa de que cada quen veña ben preparado para este longa pero espectacular andainda.

O Clube Ciclista Marín, a Asociación Española contra o Cancro e o Concello de Marín vos convidan a participar nun cita ademais de deportiva e turística, tamén solidaria.

Percorrido da III Andaina "Montes e Praias de Marín".Maís info: http://goo.gl/wskrmA

Posted by Concello de Marín on Martes, 22 de marzo de 2016

Anterior Na Semana Santa abre o Centro de Interpretación de Petróglifos.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados