VI CARREIRA DO TRUCO: DOMINGO DIA 7 DE FEBREIRO ÁS 11:00 HORAS
LUGAR DE SAÍDA: CASA DE CULTURA DE SEIXO
Será unha carreira popular, non se darán dorsais. A saída será neutralizada desde a Casa de Cultura de Seixo ata o Viario de Praias.
A partir de ahí, cada cal correrá ao seu ritmo ata chegar a Portocelo, onde haberá un avituallamento no punto de retorno.
Meta: Casa de Cultura de Seixo, voltando polo mesmo percorrido. En total 8 km.
Hora de saída: 11:30 horas despois das carreiras infantís que empezarán sobre as 11:00 horas (se hai nenos).
Tamén haberá unha andaina de uns 6 km polo mesmo viario de praias.
Haberá premios para os 3 primeiros homes e para as 3 primeiras mulleres. E por suposto, para todos os nenos.
IMPORTANTE: Inscripción gratuita e quen queira pode doar un litro ou un quilo de comida non perecedoira que será entregado a un banco de alimentos da zona.