Onte no Museo Torres , Manel Loureiro presentou a súa última novela, “Fulgor”.
Nun ambiente totalmente distendido, fixo un percorrido polos seus libros, explicou aos asistentes,entre os que se atopaban alumnos de institutos de Marín, todo o proceso desde como xorde a idea ata chegar o libro ás librerías, e avanzou que xa está a traballar no próximo libro, do que non quixo dar detalles.
Contou varias anédotas, que fixeron rir a todos os asistentes, que o final fixéronlle varias preguntas, coma se hai proxectos de película, como lle xorden as ideas, que libros lía cando era pequeño…case dúas horas de dialogo que rematou coa invitación do Concello para que volte visitarnos e presentar o próximo libro, que Manel aceptou encantado.