Realizada con éxito a integración da rede de saneamento co novo colector da Avenida de Ourense

Realizada con éxito a integración da rede de saneamento co novo colector da Avenida de Ourense

O novo colector da Avenida de Ourense xa se atopa conectado ca actual rede de saneamento da vila de Marín. Esta conexión ou “enganche” foi o que estiveron realizando os operarios da empresa Copcisa durante esta última semana neste viario, á altura do edificio consistorial.
Esta operación supoñía un dos grandes desafíos técnicos desta obra, que xa se atopa na cuarta fase de execución, na súa recta final. Realizada esta conexión, agora os operarios seguirán traballando na franxa de Cantodarea preto á Praza do Regueiro, na que se construíu o depósito de retención co que se controlarán as crecidas de caudal, para que a EDAR de Praceres non provoque alivios á ría.
Precisamente ese é o obxectivo primordial desta obra imprescindible, o de mellorar o saneamento do ecosistema da ría pontevedresa. A súa execución está incluída nun convenio firmado entre o Concello e a Xunta de Galicia, a través do organismo Augas de Galicia, e supuxo unha inversión de 1.802.130,15 euros.
O único que queda por facer desta actuación é a caseta de control, que se instalará sobre o depósito, e que estará dotada cunha serie de equipos hidráulicos cos que se controlará o funcionamento do colector.

#Marín2020, unha humanización integral
Segundo anunciou no seu día o Goberno local, a renovación do colector da Avenida de Ourense era un proxecto que tería unha segunda parte, centrada na “pel” da gran arteria de comunicación e entrada á vila marinense.
Esa segunda parte consistirá na humanización integral do aspecto e da iluminación desta vía, un dos proxectos punteiros incluídos na Estratexia #Marín2020, cofinanciada pola Unión Europea a través dos Fondos DUSI.
Nestes momentos, a humanización está pendente de adxudicación e está previsto comezar cos traballos cando se dea por finalizada completamente a obra de saneamento actualmente en execuci

Anterior A mocidade de Marín poderá aprender o procedemento de creación do mundo do cine

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados