Recibidas 25 solicitudes de candidaturas para a Gala do Deporte
Candidaturas Gala do Deporte

Recibidas 25 solicitudes de candidaturas para a Gala do Deporte

O xurado reunirase o mércores, día 21, e tamén poderá engadir novas propostas ás recibidas por parte de clubs, entidades e cidadanía en xeral nestas semanas

Marín, 17 xaneiro 2026

A Consellería de Deportes recibiu un total de 25 propostas para os premios que se entregarán na Gala do Deporte e que foron presentadas ao longo das primeiras semanas do ano por parte de clubs, entidades e cidadanía en xeral.

Estas solicitudes cubren todas as categorías coas que se premiará ao mellor do deporte local: mellor deportista masculino e feminino, deportista de base, deportista veterano/a, mellor club ou entidade deportiva, mellor adestrador/a, premio á inclusividade, ao voluntariado deportivo, ao deporte con valores, ao deporte base e á formación, ao mellor evento do ano e ao patrocinio e colaboración co deporte.

Agora, será a quenda do xurado, que se reunirá este mércores no Concello e que tamén poderá aportar algunha candidatura máis, se así o considera. Tamén poderá outorgar mencións especiais para unha persoa ou entidade que, aínda non sendo deportistas, estean dalgunha forma relacionadas co mundo do deporte de Marín.

Este comité estará conformado pola presidenta, que será a alcaldesa do Concello de Marín ou o concelleiro en quen delegue; xornalistas deportivos de cada un dos medios de comunicación que cubran o deporte do municipio, participantes en xurados de convocatorias pasadas, un representante do deporte base en Marín e un exdeportista destacado da vila.

O fallo do xurado darase a coñecer o 22 de xaneiro.

Anterior Un Marín máis activo e sostible: novas rutas BTT e servizos para consolidar o cicloturismo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados