Renovación no bombeo de Mogor

Renovación no bombeo de Mogor

O Concello de Marín traballa en asegurar que os bombeos funcionan correctamente, garantindo que o risco de haber vertidos se trate de que sexa o mínimo.

Nesta ocasión está a renovarse unha das bombas que foi instalada fai dez anos, no bombeo de Mogor, xa que presentaba danos graves no impulsor, voluta e aneis de desgaste.

Segundo os técnicos non resultaba viable a reparación da mesma, polo que se procedeu á substitución da mencionada bomba por outra de similares prestacións en caudal e altura de bombeo.

Ademais presenta melloras técnicas que permitirán que os atascos ocasionados por estar as bombas mergulladas non se produzan ou polo menos estean minimizados, xa que as consecuencias son graves, posto que o fallo no funcionamento dunha bomba, podería levar a que se produza vertidos de augas residuais na canle pública e no caso do Bombeo de Mogor, ocasionarían vertidos na propia Praia.

Por tal motivo procedeuse á substitución urxente do equipo danado, que ascende a máis de 15.000€.

Os atascos nos colectores e nas propias bombas a día de hoxe son en gran parte debidos á cantidade de toallitas hixiénicas que se utilizan cada día máis en todos os fogares, xa que a súa degradación non é tan rápida e mesturadas con outros refugallos producen atascos de gran envergadura.

Anterior Listaxe Definitiva Técnico de Administración Xeral

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados