Os concelleiros de rural valoran moi positivamente tanto na participación, como do resultados, as reunións que se levaron a cabo coa venciñanza dos distintos lugares da parroquia de Santomé, para recopilar os nomes de ruas e camiños públicos e elaborar un novo rueiro.
Santomé foi a segunda parroquia na que se realizaron estas reunións, despois da parroquia de Ardán. Nelas, a venciñanza, sobre todo os de máis idade, que son os verdadeiros bancos da historia, foron indicando os nomes de cada Camiño ou zona e situandoos nos planos do inventario municipal.
Dende o Concello agradecemos o interés por parte dos veciños en colaborar e facer máis fácil unha labor bastante complexa como é está, dado que en algún núcleo hay máis de unha docena de camiños.
No día de onte levouse a cabo a última das reunións que estaba convocada na parroquia de Santomé e veciños de Cadrelo, Pereiro, Fixón e O Pozo. e que axudaron a descifrar unha realidade que moitos viviron desde nenos por eses camiños, e que hoxe a maioría xa son estradas e rúas.
Un dos camiños dos que os veciños mostraron satisfacción de que se nomée é un das duas subidas o Pereiro, dándolle o nome de “Rua do San Dego” en honor ao Santo, a capilla é a Festa tan sonada e tan celebrada en esta parroquia.
O Concello ten previsto nos próximos meses levar a cabo outra remesa de reunións nos lugares da parroquia de Seixo.