Taller de Dinamización e Crecemento Persoal

Taller de Dinamización e Crecemento Persoal

A Concellería de Benestar Social do Concello de Marín, a través do CIM organizou un “Taller de Dinamización e crecemento persoal”gratuíto en horario de 10:30 a 12:30 horas, os xoves cada 15 días, nas aulas de formación da Casa principal da Finca de Briz. A actividade está aberta a todas as persoas interesadas e dará comezo o día 30 de xaneiro. Os contidos que se abordarán nas sesións son o autocoñecemento, autoestima e o cremento persoal a través de diferentes actividades de dinamización e técnicas participativas grupais de teatro espontáneo, sen esquecer a perspectiva de xénero. O obxectivo é realizar unha intervención comunitaria para modificar situacións sociais e persoais conflitivas, a través do entrenamento para expresar emocións e xestionar o conflito.

O taller será impartido por Manuel Castro Soto (psicólogo e terapeuta) experto en psicodrama. A inscripción poderá realizarse no teléfono 986 891802 ou por correo electrónico cimmarin@gmail.com.

Anterior II Edición Camelias e Mar

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados