Un concurso de mascarillas para sacar toda a orixinalidade do Entroido entre a veciñanza

Un concurso de mascarillas para sacar toda a orixinalidade do Entroido entre a veciñanza

22 xaneiro 2021

O Concello de Marín a través das Concellerías de Festas e Cultura convoca un Concurso de Decoración de Mascarillas, co obxecto de fomentar a participación cidadá neste Entroido que tocará vivir dun xeito diferente, sen actividades nas rúas

Mediante este concurso preténdese promover a creatividade da veciñanza e fomentar o aspecto artístico e o carácter tradicional do Entroido, unha festa marcada pola orixinalidade dos disfraces, as máscaras…

Así a todo, o Concello quere remarcar e deixar claro en todo momento que as mascarillas decoradas simplemente serán un adorno e que non deben utilizarse para outra cousa que non sexa o concurso ou, de xeito ornamental, sobre unha mascarilla que conte con todas as medidas sanitarias esixibles para ser utilizada como medio de protección fronte ao virus.

Tal e como explicaron as concelleiras Marián Sanmartín, Beatriz Rodríguez e Itziar Álvarez, poderán participar neste certame todos os veciños e veciñas da localidade que estean empadroados e, no caso dos menores de idade, que estean matriculados nalgún dos centros de ensino de Marín.

Para participar, será preciso encher unha solicitude que, xunto coas bases, se subirá á web do Concello e ás redes sociais nos vindeiros días. Unha vez cumplimentada, poderá presentarse a través da sede electrónica ou físicamente no Rexistro, con cita previa (pode pedirse a través deste enlace https://cutt.ly/ejKPcWo ou chamando ao teléfono 986 88 03 00).

A maiores, haberá que enviar un mínimo de 2 fotografías ao correo concursos@concellodemarin.es, indicando o nome e apelidos e o número de teléfono da persoa que concursa. O prazo máximo de presentación e envío será o 14 de febreiro ás 23:59 horas.

O xurado estará formado por representantes do Concello e das asociacións tradicionalmente vinculadas co Entroido, coas que o Goberno local contou desde o primeiro momento para organizar esta festa alternativa.

 

Categorías e modalidades

 

Establécense dúas categorías, nas que se valorarán en conxunto a creatividade, a orixinalidad e o deseño das mascarillas:

1ª.- ADULTOS/AS (MAIORES 18 ANOS):

  • 1º premio: 300 €
  • 2º premio: 200 €
  • 3º premio: 100 €
  • Sorteo entre todas as persoas participantes, agás as gañadoras nesta modalidade, por valor de 100€.

2ª.- NENOS/AS (MENORES DE 18 ANOS)

  • 1º premio: 200 €
  • 2º premio: 150 €
  • 3º premio: 100 €
  • Sorteo entre todas as persoas participantes, agás as gañadoras nesta modalidade, por valor de 100€.

As persoas gañadoras daranse a coñecer como moi tarde o día 17 de febreiro de 2021, mediante teléfono, mail ou publicitándoo nas redes sociais do Concello e na prensa.

O anexo de participación, que ademais de a través da sede e no Rexistro, poderá enviarse tamén enviándoa por mail a concursos@concellodemarin.es

Anterior A campaña de sorteo de tarxetas regalo organizada polo Concello deixa un impacto de 82.000 euros no comercio e a hostalaría locais

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados