Un diploma para felicitar aos máis pequenos da casa pola súa loita contra o coronavirus

Un diploma para felicitar aos máis pequenos da casa pola súa loita contra o coronavirus

Nestes tempos de confinamento, onde temos que acostumarnos a vivir doutro xeito e con normas estritas e de obrigado cumprimento, os máis pequenos da casa levan demostrado a súa capacidade para resistir metidos na casa e practicando as medidas de prevención necesarias para loitar fronte ao coronavirus.

Na mente dun neno ou dunha nena pequena non sempre é sinxelo entender toda esta situación. Por iso, e aproveitando que o domingo poderán comezar a saír cos seus pais a dar pequenos paseos, a Policía Local quere darlles algo a cambio pola súa responsabilidade.

Durante os traballos de control e de vixilancia que se levarán a cabo, farán entrega aos rapaces duns diplomas acreditativos da súa loita contra esta pandemia. “Para iso”, advirten desde a Policía Local, “teñen que cumprir con todas as medidas asociadas a estes pequenos paseos que comezarán a dar o domingo”.

Con esta iniciativa, o corpo de seguridade local quere agradecer á veciñanza de menos idade a súa colaboración no bo transcurso do confinamento, premiándoos pola súa constancia e dándolles azos para afrontar as novas etapas que veñan.

Anterior O Concello executa pavimentacións en tres camiños de Santomé e Ardán moi utilizados pola veciñanza

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados