Un Stock Marín 100% local para apoiar ao noso comercio

27 xullo 2021

A concelleira de Turismo e Comercio, Cristina Acuña; a presidenta de Estrela de Marín, Isabel Torres e o seu xerente, Yonathan Carreira, pecharon os últimos detalles da II Edición de Stock Marín, do que xa se comezaron colocar as primeiras carpas.

Esta feira de saldos celebrarase os días 30 e 31 de xullo e o 1 de agosto na Alameda, cumprindo con todas as normativas sanitarias e garantindo postos individuais para cada comercio.

En total, son 23 as carpas que se colocarán, 15 de 5,5 metros e 8 de 3,3 metros, ocupados na súa totalidade por comercios da nosa vila. “Esta alta ocupación por parte dos comercios da nosa vila é unha boa nova porque demostra que este tipo de iniciativas son boas”, explicou Acuña.

Os establecementos ofrecerán para o público prezos moi bos, chegando a acadar descontos do 60%, con produtos relacionados con sectores da moda home-muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado de adultos e infantil, deporte, xoiaría e bisutería, informática, alimentación, papelaría, material escolar, xoguetería e perfumería.

O horario do evento será de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 23.00 horas con entrada gratuita. Coa finalidade de cumprir as recomendacións do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral controlarase o aforo do evento en todo o momento e o uso da máscara será obrigatorio en todo momento. Ademais, crearanse fluxos de entrada e de saída e haberá a disposicións dos visitantes xel hidroalcohólico.

Desde Estrela aseguran que este evento “será unha boa ferramenta para poder darlle saída aos stocks acumulados por mor da pandemia”, unha idea que comparte a concelleira, que por iso cre “imprescindible computar esta axuda económica dentro do noso Plan de Reactivación Local”.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies