Oficina ARI
ARI (ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL)
Marín conta con dúas ÁREAS DE REHABILITACIÓN INTEGRAL (de seguido, ARI): o Casco Vello e o barrio da Banda do Río Lameira. Ambas foron declaradas como tal en 2015 pola Consellería de Medio Ambiente, que é o organismo encargado de avaliar que espazos en cada Concello poden ter esta catalogación especial.
O obxectivo desta figura é o de poñer á disposición da cidadanía e das administracións ferramentas que permitan recuperar estes núcleos, que son historia viva de Marín e que forman parte da imaxe urbana da cidade, unindo o Marín do pasado co actual.
A OFICINA ARI DE MARÍN
Onde está?
A oficina municipal que se encarga de xestionar todo o relativo ás zonas ARI e ás axudas de vivenda está na Rúa Méndez Núñez, 51 - Entreplanta, Local 9
Como contacto?
Podes contactar chamando a: 986 89 04 88
O enviando un mail ao: ari@concellodemarin.es
Para que serve?
A oficina encárgase de recoller todas as solicitudes de persoas interesadas en realizar actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas no ámbito ARI, en especial, pero tamén no resto do ámbito municipal.
Podes achegarte até a oficina para recibir asesoramento e información sobre as actuacións que estean comprendidas no Plan de Vivenda vixente.
Tamén podes recibir información sobre axudas e subvencións en materia de vivenda e de urbanismo. Incluso, poden realizar os informes precisos nos que se recollan as condicións dunha actuación que sexa susceptible de ser subvencionada.
Préstase toda a información ou o asesoramento técnico tanto a particulares como a institucións, asociacións, comerciantes... para levar a cabo actuacións que revitalicen e rexeneren as zonas ARI.
Podes achegarte e solicitar a información e a documentación necesaria para tramitar a licenza urbanística dunha obra menor.
Estas áreas apóianse no traballo da Oficina ARI para que, en caso de ser necesario, sexan coordinadas as axudas á vivenda dos expendientes iniciados por elas.
Canto ocupa?
O ARI enteiro de Marín, contando co Casco Vello e coa Banda do Río Lameira ten as seguintes cifras que a definen
Que rúas forman parte da ARI?
Casco Vello (23)
- Almuíña
- Agusto Miranda
- Busto de Abaixo (do nº15 ao 52)
- Calzada
- Canexón Teimón
- Caracol
- Concepción Arenal (nº 1, 3 e 5)
- Doctor Touriño (nº 2, 4, 6, 8, 10, 12, 14, 16, 18 e 20)
- Echegaray
- Exército e Marina
- O Forno
- Jaime Janer (nº2, 4, 6, 8 e 10)
- Ponte
- Ponte Zapal
- Real
- Ribeira de Abaixo
- Ribeira do Medio
- Ribeira de Arriba
- Secundino Lorenzo
- Serafín Tubío
- Sol
- Travesía do Forno
- Veiguiña
Banda do Río Lameira (13)
- Banda do Río
- Banda do Río A
- Banda do Río B
- Banda do Río C
- Banda do Río D
- Escola Tiro Naval Janer (nº 2, 4, 6, 8, 10, 12, 14, 16, 18, 20, 22, 24, 26, 30, 32, 34, 36, 38, 40, 42, 44, 46 e 48)
- Fonte
- Forte
- Fortelos
- Guillerma
- Lameira
- Peirana
- Peñón
Quen pone solicitar as axudas que xestiona a oficina?
- Propietarios/a
- Arrendatarios/As
- Titulares dalgún dereito de uso
Para que podes solicitar axudas?
- Obras e traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e edificios, incluso no interior, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, para adaptalos aos estándares da normativa vixente.
- Honorarios dos profesionais intervintes
- Curso da redacción dos proxectos
- Direccións técnicas ou facultativas
- Informes técnicos e certificados necesarios
- Gastos derivados da tramitación administrativa
Condicións que debe cumplir o inmoble:
- Antiguedade: maior de 10 anos
- Uso: domicilio habitual e permanente para uso propio ou para alguer durante, como mínimo, 5 anos desde a data de notificación a cualificación definitiva
- Ingresos: no caso de vivendas destinadas a uos propio, a unidade familiar non poderá superar en ingresos 6.5 veces o IPREM
- Contía: Entre o 50-85% do orzamento protexible. Contía máxima da subvención: 12.000 – 16.000 euros/vivenda.