Visita a Sede de Protección Civil en Briz.

Visita a Sede de Protección Civil en Briz.

Hoxe visitou as dependencias de protección civil de Marin, o xefe de servizo de emerxencias de Pontevedra, Evaristo Juncal, xunto co tenente alcalde do Concello de Marín, Manuel Santos. Alí presentaron a campaña de voluntariado de protección civil. A base de Protección Civil está situada na finca de briz.

¿Que é a Protección Civil?

A Protección Civil ten como fin a creación dunha Organización que, en base ós recursos muncipais, e dos cidadáns, poida garantir a coordinación preventiva e operativa respecto da protección de persoas e bens ante os daños producidso polas situación de emerxencia nos casos de grave risco, catástrofe ou calamidade pública, mediante a realización de actividades que permitan evitar as mesmas, reducir os seus efectos, reparar os daños e, no seu caso, contribuir a correxir as causas que os produciron.

¿Quen pode formar parte de Protección Civil?

Poderán vincularse á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil como voluntarios operativos tódolos veciños maiores de 18 anos (e menores dende 16 anos con permiso do seu titor) que teñan interés en colaborar directamente nas actividades propias dos Servicios básicos de Protección Civil. Poderán incorporarse á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil como voluntarios operativos tódolos veciños maiores de 18 (e menores dende 16 anos con permiso do seu titor)anos que teñan interés en colaborar directamente nas actividades propias dos Servicios básicos de Protección Civil. Poderán incorporarse á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Marín, como colaboradores en misións de orentación, asesoramento e asistencia técnica, os veciños con formación e experiencia suficiente no exercicio profesional ou vocación relacionada co servicio de Protección Civil.

Funcións do voluntario

As funcións do voluntariado, entre outras, son as de: promoción da prevención e autoprotección cidadá, así como a colaboración, auxilio e apoio dos servicios públicos de protección civil e, en todo caso, serán as indicadas no Plan de Emerxencia Municipal e outros plans de protección civil aprobados pola Comunidade Autónoma de Galicia.
protec1

 

Anterior Banco de Pastoriza.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados