Contacto | Tel.:986 88 03 00

Visita da conselleira ás obras do novo colector xeral

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, supervisou hoxe as obras do novo colector xeral e a impulsión, que entrarán en funcionamento a finais de 2019, avanzando un paso máis cara a mellora do saneamento da ría de Pontevedra.
Trátase dunhas actuacións, froito da colaboración entre a Xunta e o Concello de Marín, que contan cun investimento de 3,1 M€ para a instalación de 1,2 km de novas canalizacións e dunha nova instalación de bombeo, que permitirán evitar infiltracións de auga do mar e un adecuado funcionamento da rede mesmo nos días de máis choiva.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies