Esta mañá tivo lugar a primeira das visitas oficiais do Comandante Director da Escola Naval Militar Pedro Cardona Suances desde a súa toma de posesión do mando nos pasados días.
O concello de Marín foi o primeiro sitio ao que acudiu para mostrar a súa dispoñibilidade e colaboración ao concello de Marín na persoa da súa alcaldesa María Ramallo.
A pesar de que o curso se inicia aínda coas restricións que require a situación sanitaria, a colaboración e o esforzo de todos porque discorra con normalidade..
Desde o concello ofreceuse total colaboración, para Marín é a universidade por excelencia que ofrece o seu campus universitario e uniranse esforzos para tratar de seguir na liña marcada nos anos anteriores onde sempre foi unha leal e construtiva aposta por abrir e estender esa achega a toda a cidade.