26 abril 2022
Os campamentos de conciliación do verán teñen a súa inscrición aberta a partir deste luns 2 de maio e na web xa se pode descargar a folla que hai que cumplimentar cos datos do solicitante para poder gardar unha das 300 prazas que se ofertan.
O documento pode descargarse aquí:
https://www.concellodemarin.es/wp-content/uploads/2022/04/CO804_SOLICITUD-CAMPAMENTOS-2022.pdf
Poderán inscribirse nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, é dicir, os nados entre o 2010 e o 2019 e o formulario que xa se pode descargar na web pode ou ben tramitarse a través da sede electrónica ou presentándoo físicamente no Rexistro municipal, cun máximo de cinco solicitudes por persoa.
Para facer a tramitación de xeito telemático, é necesario contar cun certificado dixital. No caso de non telo, pode solicitarse no propio Concello a través do link : https://www.concellodemarin.es/expedicion-de-certificado-dixital/
O prazo de presentación rematará o 20 de maio e o listado de prazas concedidas sairá antes do venres 28.
O prezo público será o mesmo que todos os anos, 30€ por cada neno ou nena. Mantéñense as catro quincenas para os campamentos urbanos e as dúas para o rural, volvendo a ofertar 300 prazas coma antes da COVID-19.
UBICACIÓN
CEIP DA LAXE 1 – 15 de xullo 75
CEIP DA LAXE 18 – 29 de xullo 75 CASA DE CULTURA MOGOR 25
CEIP DA LAXE 1 – 12 de agosto 50
CEIP SEIXO 25
CEIP DA LAXE 16 – 31 de agosto 50
TOTAL: 300 PRAZAS
Como novidade o campamento que se viña levando a cabo na Casa de Cultura de Seixo se traslada ao CEIP Seixo.