Contacto | Tel.:986 88 03 00

A Brea-Ameal xa conta cunha nova iluminación, que mellora a visibilidade e a seguridade viaria na zona

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e os concelleiros Pablo Novas e Raquel Soage visitaron a obra de renovación total do alumeado público na zona da Brea – Ameal, unha actuación que se enmarca no esforzo que está a realizar o Goberno local na substitución do alumeado público da vila por novas alternativas máis eficientes.

Segundo explicou o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, “con este proxecto aumentáronse practicamente ao dobre os puntos de luz existentes. Con iso conseguimos mellorar substancialmente a visibilidade nesta estrada, unha demanda moi importante dada a mellora que tamén se conseguiu na seguridade viaria”.

As luminarias instaladas contan con tecnoloxía LED, redundando así en mellores cifras de aforro enerxético. Tamén se renovaron os cadros de alumeado e se mellorou a estética dos puntos de luz.

Os traballos foron levados a cabo pola empresa SETGA, por un importe total de 30.250,00 euros.

Con este proxecto, o Concello avanza na mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública, un obxectivo moi importante que ten marcado o Goberno local, pero que neste caso vese reforzado pola necesidade que existía de dotar a esta infraestrutura viaria do rural dunha mellor visibilidade e, por tanto, de máis seguridade para a mobilidade da veciñanza.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies