A secuoia da Alameda, obxecto de estudo para analizar a súa estabilidade

A secuoia da Alameda, obxecto de estudo para analizar a súa estabilidade

Tal e como xa adiantou o Concello recentemente, unha das secuoias da Alameda, un exemplar de Sequoia sempervirens, presenta signos de importante deterioro e de padecer algunha patoloxía.

Ante esta situación, a concelleira encargada de Parques, Cristina Acuña, encargou varios  informes técnicos nos que se evidencia “o marchitamento e deterioro das raíces”. Pero ademais nestes momentos o Concello está tratando de avaliar a viabilidade do exemplar, estudando a súa estabilidade.

Con motivo de informar á cidadanía, colocouse este mediodía un cartel informativo e  un cercado ao redor da árbore. Unha das partes que se está a analizar é o sistema radical, que tal e como se pode comprobar cunha única avaliación visual, está desprazado.

Isto provoca que o exemplar teña o seu tronco lixeiramente inclinado, co seu cepellón desprazado. Tal e como se pode ver, a terra que rodea a base do tronco está afundida e moi branda na parte máis próxima á fonte, mentres que na cara contraria obsérvase unha pequena elevación.

Durante os vindeiros días e por encargo do Concello,  técnicos da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, que é a entidade que conta cos instrumentos necesarios para realizar esta análise, estudarán a estabilidade do exemplar para avanzar nas próximas medidas a tomar.

Anterior Medidas de prevención Covid19 [21/10/20]

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados