Aberto o período de exposición pública para que a hostalaría aporte achegas á nova ordenanza de terrazas

19 maio 2021
A nova instrución de terrazas xa está aprobada, tal e como informou esta mañá a concelleira Marián Sanmartín, que ademais engadiu que xa está aberto tamén o período de exposición pública para que poidan realizar achegas á nova ordenanza que regulará de xeito definitivo as trazas sobre a ocupación de espazo público que xa se definen na instrución.

Con esta instrución, apórtase a seguridade xurídica necesaria para poder regular as novas peticións de autorización de instalación de terrazas solicitadas polos locais, ben por nova ocupación ou ben por renovación da que xa tiñan.
A maiores, o que procura a instrución é ser unha antesala das medidas estéticas de homoxenización que se quere ir implementando de xeito progresivo no mobiliario público que se lle permitirá colocar aos locais.

É unha antesala precisamente porque o obxectivo do Concello é sacar adiante unha ordenanza que regule todas estas cuestións e para a que xa se iniciaron os trámites. O primeiro é precisamente ese período de exposición pública, no que o sector da hostalaría e todas as persoas que así o consideren poderán realizar achegas para aportar o seu punto de vista de cara ás consideracións que debe ter en conta a ordenanza.

“Xa llo trasladamos á asociación da hostalaría na última reunión que mantivemos cos seus representantes. Queremos que haxa unha importante participación do sector, que realice as súas aportacións para que podamos responder a todas as súas demandas e opinións nesta ordenanza”, explicou a concelleira Sanmartín.

Para poder realizar achegas, é abondo con entrar na sede electrónica (sede.concellodemarin) e entrar no departamento de “Queixas e suxestións > suxerencia > motivo ou tema > consulta pública previa modificación > ordenanza”.

Exención do imposto da terraza durante todo o ano
Desde o inicio da pandemia, o Concello de Marín traballou para axudar e estar do lado dun dos sectores máis afectados polas restricións. Unha das facilidades impositivas que se aplicou foi a exención total do imposto de veladores e terrazas durante todo o pasado ano e agora, durante todo o 2021.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies