Colaboración entre os centros educativos e o Concello para que o alumnado dispoña do material didáctico necesario

Colaboración entre os centros educativos e o Concello para que o alumnado dispoña do material didáctico necesario

A situación de excepcionalidade que estamos a vivir por mor da Covid19 está afectando á normalidade de todos os ámbitos, como acontece coa educación. Por iso, o Concello mantén comunicación coas direccións dos centros escolares públicos da vila marinense, para coñecer cal é a súa situación e cales son as necesidades que plantexan os alumnos e alumnas de cara a poder seguir o mellor posible coa súa docencia.
En xeral, a concelleira de Educación, Marián Sanmartín, apunta que as tarefas educativas están a desenvolverse “con normalidade”, a excepcións de escasos casos puntuais nos que as familias poden precisar da dotación dalgún material didáctico para que o alumnado poida executar os deberes e os traballos encargado polo seu centro.
“Os centros educativos son os que mellor coñecen os distintos casos”, afirma a concelleira, “e dende o Concello tratamos de colaborar a través da Policía Local, Protección Civil e o persoal de Conserxería” e afirma que “grazas a esta coordinación, tratamos de colaborar con aquelas familias que o precisan e co persoal educativo”.
Tanto as directivas como o Concello coinciden na necesidade de priorizar os medios telemáticos e as novas tecnoloxías á hora de prantexar tarefas ao alumnado, para reducir ao máximo posible a dependencia das impresións en papel.
Nos casos en que a conectividade dos fogares e a sinal é insuficiente para poder realizar as tarefas educativas coa calidade necesaria, contactouse con empresas de telefonía, para tratar de dar solución ao alumnado, especialmente de cursos máis avanzados, que dependen da conexión a Internet.

Anterior Adxudicada a futura humanización da Avenida de Ourense de Marín

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados