Contacto | Tel.:986 88 03 00

Comunicado de actualización da situación da Covid19

17 DE SETEMBRO 2020 – 

A alcaldesa de Marín vén de rematar a súa participación na reunión de seguemento coa Consellería de Sanidade e cos alcaldes do resto de municipios afectados polas restriccións sanitarias: Pontevedra, Poio e Vilaboa, así como co alcalde de Sanxenxo.

Sanidade informou dunha tendencia á baixa da incidencia, rexistrándose onte ás 00.00 horas (última medición) 46 casos activos positivos en Marín. Ademais, hai 106 persoas en seguemento por parte dos servizos sanitarios.

A alcaldesa afirma que é necesario e importante “seguir traballando para continuar con esta baixada e seguir freando o avance da pandemia”.

Coa colaboración do subcomité clínico creado para tal fin, seguirán estudándose os brotes específicos na nosa vila e analizándose como está a circular o virus na localidade. Segundo se indicou, a incidencia en Marín afecta especialmente a xente nova.

Entre as medidas específicas que se van tomar, a maiores das que se decretaron onte, está a redución ao 50% dos postos do mercadillo, que irán turnándose segundo as súas licenzas, empezando polas pares a próxima semana.

No que respecta ao control, haberá un maior control por parte da Policía Local para garantir o cumprimento das medidas, especialmente no sector da restauración.

Mañá pola mañá haberá unha reunión de traballo de seguemento local para continuar coordinando as actuais medidas e valorar as actuacións a tomar nos próximos días.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies