Frente común na Xunta de Portavoces para tratar de evitar o peche da oficina de Abanca en Seixo

Frente común na Xunta de Portavoces para tratar de evitar o peche da oficina de Abanca en Seixo

25 xuño 2021
A alcaldesa, María Ramallo, presidiu esta mañá unha Xunta de Portavoces, na que participaron Manuel Santos, polo PP; Manuel Pazos, polo PSOE, e Lucía Santos, polo BNG, para abordar a situación que xera na parroquia de Seixo o peche da oficina de Abanca anunciado pola entidade.

Ramallo trasladoulles aos representantes das forzas políticas representadas na Corporación as xestións realizadas ata o momento para tratar de evitar o peche da oficina, como foi o envío dun escrito á dirección
de Abanca para que repensasen a decisión.

Asemade, propuxo aos tres grupos elevar ao Pleno un acordo de toda a Corporación, dado que todos están na mesma liña neste asunto, e que tamén inclúa as reivindicacións da plataforma veciñal de Seixo. “Tamén fumos informados de que os peches de oficina están a afectar a outros concellos tamén, polo que temos previsto que se realicen posibles reunións en común que nos permitan darlle forza á nosa reivindicación”, explicou a rexedora.

Avances no proxecto do Auditorio
Por outra banda, a alcaldesa deu conta ante os portavoces das últimas novidades relativas ao proxecto do Auditorio, sobre o que a Xunta e Galiciavén de elevar ao Consello da Xunta a financiación de 2 millóns de euros, que supoñen a metade do orzamento total.

Ademais, nos próximos Plenos haberá avances a nivel tramitación sobre este proxecto cultural de enorme envergadura e importancia para a nosa vila.

Anterior O patrimonio marinense dá un paso máis na súa posta en valor coa sinalización das fontes

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados