Iniciadas as obras da segunda fase de restauración do Templo Vello

Iniciadas as obras da segunda fase de restauración do Templo Vello

22 outubro 2021

O Templo Vello iniciará estes días a segunda fase da restauración que porá en valor esta Igrexa de Santa María do Porto, de altísimo valor patrimonial que conta con máis de catro séculos de historia.

Estas obras levaranse a cabo grazas á inversión que realizará o Goberno da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, cun orzamento de 150.000 euros. Nesta segunda fase, resolveranse os problemas de humidade, actuando sobre o exterior da basílica.

Concretamente, limparase a fachada principal, restaurarase a portada principal e as portas exteriores, redefiniranse os elementos da fachada sur e mellorarase o rexuntado. Ademais, está previsto que se leve a cabo a restauración das campás.

A primeira fase levouse a cabo no 2017, coa que se conseguiu eliminar as filtracións de auga e mellorar a ventilación, acadando unhas mellores condicións ambientais no interior do templo. Nesta primeira parte a administración autonómica xa investira 60.000 euros.

Segundo explicou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, na súa visita á igrexa o pasado mes de marzo, os traballos contan cun prazo de execución de 6 meses

Máis de catro séculos de historia

A Igrexa de Santa María do Porto é un ben catalogado que está incluido no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Emerxe sobre un promontorio preto do porto e iniciou a súa construción no ano 1603, baixo a direción do mestre García Arce.

Volve a actividade ao seu interior

 Tal e como explica a parroquia Santa María do Porto, coa fin das restricións sanitarias, a partir do mes de novembro volverá celebrarse culto e a partir deste domingo, os rapaces que están a preparar a Confirmación terán a catequese neste templo ás 11.00 horas.

Anterior A Policía Local contará cun novo coche eléctrico

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados