Marín abre a licitación para outorgar autorización de explotación dos servizos de praias

Marín abre a licitación para outorgar autorización de explotación dos servizos de praias

04 maio 2021
O Concello de Marín vén de publicar o prego de condicións para as autorizacións de explotación de
servizos de tempada de verán do 2021 nas praias do termo municipal. Corresponde a quioscos de
venda de xeados e refrescos, terrazas, postos de aluguer de hidropedais, canoas, táboas de
paddel-surf… que ocupan dominio público marítimo-terrestre con instalacións desmontables.

A explotación das instalacións levarase a cabo baixo o exclusivo risco e responsabilidade do titular da autorización. As autorización non serán transmisibles, dado que o seu número está limitado. A súa vixencia será desde o momento do seu outorgamento ata o 30 de setembro.

As instalacións dispoñibles son: un quiosco en Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e O Santo, ademáis
de hidropedais en Mogor e canoas e paddle surf en Aguete. Os que resulten concesionarios deberán pagar un cánon mínimo á administración local, que deberá aboarse nun período de 10 días hábiles.

Poderán participar nesta convocatoria as persoas físicas ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar, non se atopen incursas en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas pola lexislación vixente e áchense ao corrente nas súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social.

A empresa adxudicataria deberá ser persoa física ou xurídica cuxa finalidade, actividade ou obxecto social teña relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida explotación da instalación.

En todo caso, os candidatos propostos como adxudicatarios deberán acreditar esta circunstancia nos dez días hábiles seguintes ó da notificación do requirimento de documentación necesaria para a adxudicación da autorización.

Como presentar as ofertas
A documentación e proposicións que presenten os licitadores deberá presentarse única e exclusivamente de forma electrónica, a través da Plataforma de Contratación do Sector Público, no enderezo electrónico: https://contrataciondelestado.es, e conforme os requisitos técnicos establecidos na citada plataforma. En consecuencia non poderán presentarse en formato papel. Os licitadores deberán presentar os documentos electrónicos en formato PDF.

No caso de que calquera dos documentos dunha oferta non poida visualizarse correctamente,
permitirase que, no prazo máximo de 24 horas dende que se notifique dita circunstancia, o licitador
presente en formato dixital o documento incluído no ficheiro erróneo.
O prazo para presentar as solicitudes rematará o próximo 15 de maio. Pode consultarse toda a
documentación necesaria para a presentación á licitación na web do Concello.

Anterior O aparcadoiro fronte ao Centro de Saúde estará listo a vindeira semana

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados