O Concello avanza na mellora dos servizos no rural coa pavimentación do camiño que une Troncosa e Candóns

A mellora das infraestruturas do Medio Rural é unha prioridade para o Goberno local, pola importancia de conectar do mellor xeito posible os distintos núcleos de poboación do noso municipio con servizos e espazos urbanos de calidade.

Ese foi o espírito co que se levou a cabo a obra de mellora do firme do camiño rural que une Troncosa e Candóns, na parroquia de San Tomé de Piñeiro, cuxo resultado final visitaron esta mañá a alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Pablo Novas e Manuel Domingos.

Xunto a eles tamén estiveron na visita representantes veciñais da zona, cos que Ramallo, Novas e Domingos supervisaron a finalización dos traballos e compartiron “o bo resultado” no que quedou este camiño, ao que lle facía falta unha importante mellora, ademais dunha serie de labores de limpeza de cunetas e de desbroce, axudando a que a escorrentía de augas pluviais fose máis eficaz, evitando a filtración de augas ata capas máis profundas do chan.

Os traballos foron adxudicados á empresa Construcciones Obras y Viales SA (COVSA) por un importe total de 32.649, 39 euros, co IVE incluido. Esta actuación enmarcouse no Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado polo Fondo FEADER, ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, dependente da Consellería de Medio Rural.

“Os camiños rurais, como parte integrante da rede de comunicacións dun Concello, teñen unha gran importancia dado que, en moitos casos, resultan o único medio de accesibilidad”, afirmou a alcaldesa, María Ramallo. No caso do que une Troncosa e Candóns, foron varias as melloras que se levaron a cabo, como foi o tratamento da súa superficie pavimentada, que xa non ten as fendas que se podían observar con facilidade e que aumentaban a perigosidade e a incomodidade na condución.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies