O Concello recibe á piragüista Antía Otero, que acadou a medalla de ouro na Copa do Mundo celebrada en Szeged

O Concello recibe á piragüista Antía Otero, que acadou a medalla de ouro na Copa do Mundo celebrada en Szeged

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e os concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña recibiron este mediodía á deportista marinense Antía Otero Santiago, unha auténtica promesa do deporte náutico galego, que acadou a medalla de ouro na Copa do Mundo celebrada en Szeged (Hungría). xunto coa súa compañeira, Antía Jácome.

Ramallo quixo felicitar a Antía “pola súa fazaña deportiva e polo prolífico futuro que lle espera”, dándolle azos de cara á nova etapa que vai emprender en Sevilla, onde adestrará coa selección de cara a conseguir praza para competir noutras probas de alto nivel.

O Concello quixo mostrar a Antía, que se levou unha bandeira da súa vila natal, “todo o noso apoio”.

Anterior O Concello bonificará o 40% do pago do IBI ás familias numerosas

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados