O Concello inicia o procedemento para a contratación do novo contrato de limpeza de edificios municipais

07 xaneiro 2021

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, presentou en Comisión Informativa o prego de contratación para un novo contrato para xestionar o servizo de limpeza de edificios e instalacións dependentes do Concello de Marín.

Esta creación dun novo contrato faise necesaria debido a que o actual, que xestiona a empresa EULEN desde o 2014, tiña unha vixencia de 4 anos, con posibilidade de prórroga a dous máis, que xa están vencidos.

Segundo explicou Sanmartín, “o departamento de Secretaría leva meses traballando na elaboración deste expediente, xa que ademais de ter en conta a lexislación aplicable a nivel administrativo é necesario incluír as medidas de prevención necesarias fronte á Covid19, o que complica aínda máis a elaboración deste documento”.

Tal e como se recolle no expediente presentado en Comisión, o técnico responsable deste contrato emitiu un informe no que se xustifica a necesidade de manter externalizado este servizo e, debido ao seu carácter público, de xeito initerrompido. Por iso, levarase a aprobación a prórroga forzosa da actual empresa adxudicataria mentres o Concello non remate a nova adxudicación.

O novo contrato prantéxase por 4 anos, con posibilidade dunha prórroga anual, cun orzamento estimado de 4.384.874,40 euros. Agora, este expediente para o inicio da contratación terá que ser levado a Pleno, que é o órgano competente para este tipo de contratos de longa duración.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies