Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Concello tramitou xa preto de 80 de certificados dixitais

A dixitalización das administracións é una tarefa na que o Concello de Marín está enormemente involucrado, dada a necesidade de ofrecer á veciñanza ferramentas dixitais que lles permitan realizar con normalidade e rapidez os seus trámites administrativos.

É por isto que o Concello creou recentemente a Oficina de Rexistro para a Expedición de Certificados Electrónicos de Persoa Física para a Cidadanía, ao abeiro do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para o desenvolvemento da Administración Electrónica nas entidades locais da nosa comunidade autónoma.

Dende a posta en marcha deste mecanismo, xa son preto de 80 os certificados dixitais tramitados pola plataforma habilitada polo Concello.

Tal e como explicaron fontes municipais, con esta iniciativa trátase de dar todos os medios electrónicos necesarios para que os habitantes de Marín poidan realizar os trámites online, tanto na propia sede virtual do Concello coma no resto de portais das distintas administracións, como a AEAT (Axencia Tributaria) ou a Seguridade Social.

Os requisitos para a expedición do certificado é ser maior de idade e estar empadroado en Marín, ou, polo menor, ter algunha vinculación laboral co municipio. O procedemento consiste en realizar unha solicitude no seguinte enlace http://www.concellodemarin.es/expedicion-de-certificado-dixital/ e posteriormente concretar unha cita no Concello para verificar os datos do certificado do documento de identidade.

Aínda que a dixitalización da Administración xa era unha liña estratéxica antes de que chegase a crise sanitaria, hoxe máis ca nunca as esixencias da Covid19 obrígannos a realizar os trámites de xeito electrónico sempre que sexa posible. Por iso o Concello asegura que esta Oficina será moi útil para aquelas persoas que até o momento realizaban as súas xestións presencialmente e que agora precisan da expedición deste certificado para poder seguir realizando eses trámites, agora de xeito online.

Ademais desta medida tomáronse outras, co fin de axilizar trámites, coma por exemplo o acordo alcanzado entre a Seguridade Social e o Concello de Marín para cruzar os datos sobre o empadroamento para reducir os pasos para a presentación da solicitude do Ingreso Mínimo Vital.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies