O San Miguel volve este ano o domingo 3 de outubro

22 setembro 2021

 A Festa do San Miguel volverá este ano para gozar dun evento de interese turístico de Galicia, no que a Danza das Espadas ten un espazo protagonista. A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, acompañou aos representantes do Padroado de Mareantes de San Miguel, Lois González Dopazo, Isabel Epifanio e Julio Pardellas, esta mañá na presentación da festa.

Aínda que a festividade é o día 29 de setembro, a súa conmemoración posporase ao domingo, 3 de outubro, para que a veciñanza poida desfrutar da actuación e acudir á misa solemne.

A novidade que se presenta este ano, derivada da situación sanitaria, será a ubicación do acto institucional, que se celebrará, como o resto de citas do día, no Parque Eguren, xa que o Salón de Plenos ten o seu aforo limitado a apenas 25 persoas.

Deste xeito, ás 11.45 horas, será a recepción de autoridades para ás 12.00 comezar o acto institucional de entrega das distincións ás persoas homenaxeadas e as medallas e espadas aos rapaces. Neste acto, ademais, nomearase cofrade de honra ao novo director da Escola Naval Militar, Pedro Cardona.

A partir das 13.00 horas, será a Misa Solemne no Templo Novo, para depois iniciar o baile da danza, que se fará tamén no Parque Eguren. Finalmente, a ofrenda floral realizarase ao rematar a danza, na Praza do Reloxo.

Concerto pola tarde do Coro de Cámara Rías Baixas

Pola tarde, Coro de Cámara Rías Baixas ofrecerá un concerto ás 19.00 horas, tamén no Parque Eguren. A obra que se cantará está composta por un compositor tamén desta zona, que acompañará ao piano, e que supón unha adaptación de cantigas do Pergamino Vindel.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies