Batida de melloras e traballos de mantemento para as praias despois da época estival

Batida de melloras e traballos de mantemento para as praias despois da época estival

22 setembro 2021

Os areais de Marín están a ser obxecto dunha importante batida de limpeza e mantemento, que é preciso levar a cabo despois da presión de usuarios que reciben durante a época do verán. Estes traballos estanse a levar a cabo por parte dos operarios da Fundación Juan XXIII.

Con este tipo de accións conséguense dous obxectivos. Por unha banda, manter en bo estado todos os servizos que se ofrecen nos areais e, por outra, incentivar a inserción laboral de persoas con discapacidade como as que forman parte da fundación.

Por outro lado, desde o Concello lembran que, cumprindo coa normativa, ata o día 30 de setembro non poderán baixarse cans ás praias entre as 12.00 e as 20.00 horas. A partir do 1 de outubro, xa será posible acceder con eles a calquera hora.

 

Anterior Avanza a reforma integral de Pedreiras, coa adxudicación inicial da primeira fase das obras

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados