Avanza a reforma integral de Pedreiras, coa adxudicación inicial da primeira fase das obras

Avanza a reforma integral de Pedreiras, coa adxudicación inicial da primeira fase das obras

21 setembro 2021

 A reforma integral de Pedreiras comeza dar os seus primeiros pasos. Segundo informou esta mañá o Goberno local, a primeira fase da actuación acaba de ser adxudicada inicialmente, despois de que se reunise a Mesa de Contratación e á espera de que a empresa que ofertou a proposta máis vantaxosa presente a documentación requerida.

Nesta primeira fase está previso actuar na Rúa de Pedreiras de Arriba, nunha extensión de aproximadamente 700 metros cadrados, cunha inversión de 202.464,89 euros. Na actuación realizarase unha reforma integral da zona, rehumanizando a rúa e renovando todos os servizos.

As seguintes fases afectarán á Rúa de Pedreiras do Medio (fase 2), Rúa de Pedreiras de Abaixo (fase 3) e ao Lavadoiro e os Camiños da Fonte de Pedreiras (fase 4).

En total, a inversión global do proxecto será de 843.000 euros, que se realizarán con cargo ao Remanente de Tesourería. “Esta é unha das actuacións que faremos co noso Remanente, de tal xeito que reinvertiremos os aforros de todos os marinenses en proxectos esenciais par aa veciñanza”, explican desde o Goberno local.

Outras dúas obras importantes en proceso de adxudicación

 Por outra banda, tamén se atopan en proceso de adxudicación dúas importantes obras. Por unha banda, a renovación do depósito da Costa, e a apertura do viario entre República Arxentina e Inferniño.

 

 

Anterior A Casa de Cultura de Seixo estreará unha nova sala polivalente e a Alameda renova toda a súa madeira

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados