O Concello acolle a convocatoria da Mesa Local de Comercio

O Concello acolle a convocatoria da Mesa Local de Comercio

9 agosto 2021
O Salón de Plenos do Concello acolleu a celebración da Mesa Local do
Comercio, que estivo presidida pola alcaldesa, María Ramallo, e na que
participaron representantes dos grupos da Corporación e das asociacións de
comerciantes da vila, así como da Xunta de Galicia.
Na orde do día tratouse a dinamización comercial que levarán a cabo a Asociación
Centro Comercial Local Estrela de Marín e a Asociación de Comerciantes da Praza
de Abastos, un punto no que todos os integrantes da mesa mostraron o seu
acordo na programación prevista.
Fóra da orde do día, desde a Asociación de Comerciantes Marín Sur (Acemas)
quíxose poñer sobre a mesa de novo a problemática na parroquia derivada do
peche da oficina de Abanca, unha decisión que consideran que afecta
negativamente á economía local.
Tamén foron tratadas a petición da asociación as cuestións relacionadas co
Centro de Saúde de Seixo, cuxo peche foi declinado en varias ocasións
públicamente pola Consellería de Sanidade. A alalcaldesa tomou en consideración
as aportacións da asociación respecto ao tema.

Anterior Marín repintará gran parte das marcas viarias do seu casco urbano

2026 Concello de Marín. Todos los derechos reservados