Adxudicada a reforma para a posta en marcha dun Centro de Día público

Adxudicada a reforma para a posta en marcha dun Centro de Día público

11 agosto 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou unha das adxudicacións máis
relevantes en materia de atención social na nosa vila nos últimos anos.
A empresa Coviastec será a encargada de executar as obras de reforma da
primeira planta da Casa do Mar, que pasará a converterse nun Centro de Día
público, gratuito y pensado para ofrecer un servizo de calidade á poboación da
terceira idade de Marín.
Esta obra, que suporá unha inversión de case 240.000 euros, estará cofinanciada
en algo máis dun 66% pola Consellería de Política Social, a través do Consorcio
Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
A aportación que se corresponde cos fondos propios do Concello, que ascenderá
a 100.000 euros, farase con cargo ao Remanente de tesourería do Concello, xa que
o Goberno local o considera unha inversión esencial para a vila.
Un espazo moderno e funcional para a poboación de Marín
A Casa do Mar foi cedida ao Concello por parte da Tesourería da Seguridade Social
co obxectivo de garantir, por parte do Goberno municipal, a cobertura pública da
asistencia da terceira idade.
Con estas obras de acondicionamento, está previsto dotar ao futuro Centro de Día
dunha ampla sala de usos múltiples, así como doutras dependencias: un espazo
de rehabilitación, outro para o lecer, cociña e lavandería.
O prazo de execución da obra será de 8 meses.

Anterior O Concello acolle a convocatoria da Mesa Local de Comercio

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados