Resumo das principais incidencias atendidas polos socorristas no mes de xullo

Resumo das principais incidencias atendidas polos socorristas no mes de xullo

Unha vez rematado o mes de Xullo, os socorristas contratados polo Concello de Marín para velar pola seguridade dos bañistas das praias de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira y O Santo, fixeron un total de 397 atencións, das cales 45 sucederon na praia de Portocelo, 73 en Mogor, 70 Aguete1, 75 Aguete2, 100 en Loira e por último 32 no Santo.

Dentro das atencións menores que realizaron, destaca o habitual de todos os veráns, que son as picaduras de faneca con 66, as picaduras de vespas cun total de 44, 109 feridas e 52 avisos a cans.

O resto de atencións menores tiveron pouca incidencia ou relevancia deixando os seguintes datos:

● 16 avisos a embarcacións
● 12 avisos a pescadores
● 20 atención a outras picaduras

En canto ás atencións maiores, sinalar 4 golpes de calor en Mogor e Aguete 1, un rescate acuático en Aguete 2 (dunha persoa invidente) e tres nenos perdidos nas praias de Aguete e Loira (sen consecuencias maiores).

Por último, deuse un aviso ás autoridades con traslado de ambulancia na praia de Portocelo por un atropelo na zona do aparcamento.

Anterior Adxudicada a reforma para a posta en marcha dun Centro de Día público

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados