A Carreira do Truco volve a Seixo o domingo 6 de febreiro

A Carreira do Truco volve a Seixo o domingo 6 de febreiro

31 xaneiro 2022

Seixo recupera unha das súas grandes citas deportivas e sociais: a Carreira do Truco. A súa onceava edición celebrarase o domingo 6 de febreiro, tal e como informaron os concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña, que presentaron a cita xunto con Manuel Solla e Cristina Souto, de Acemas, e Diego González, do Club Pinarium.

Ademais de carreira, haberá tamén andaina e carreira infantil. Para os tres casos, a inscrición será de balde o mesmo día da carreira e haberá Operación Kilo, con recollida de alimentos non perecedoiros que se doarán a Cáritas.

Ás 11.00 horas, será a saída da Cultura de Seixo da Carreira Infantil e ás 11.25 horas sairá a andaina, que consistirá nunha subida ao Monte Sobareiro. A partir das 11.45 horas, será a saída da Carreira dos Adultos.

Anterior 44 familias plantan unha árbore no monte de Teixugueiras para educar en valores medio ambientais

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados