44 familias plantan unha árbore no monte de Teixugueiras para educar en valores medio ambientais

44 familias plantan unha árbore no monte de Teixugueiras para educar en valores medio ambientais

28 xaneiro 2022

A educación é a base dos valores que nos constrúen coma sociedade. Sábenno ben na Escola Infantil Dalila, que esta mañá quixeron instruir aos seus pequenos e pequenas nos valores da sostibilidade e o respecto ao medio ambiente a través dun proxecto de plantación de árbores no monte Teixugueiras, en Mogor.

As concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña acudiron ata o lugar, de propiedade municipal e que foi cedido para esta actividade, que se converterá desde hoxe no “Bosque dos Nenos”. E se a educación en valores medio ambientais fose pouco, a actividade tamén supuxo un importante reto de visibilidade, xa que foron os usuarios da Fundación Juan XXIII que actualmente cursan Xardinaría os que titorizaron ás familias na plantación do seu árbol.

En total, participaron 44 familias en dúas quendas. Cada árbore leva unha placa co nome da familia, que se compromete a coidar do exemplar ao longo do ano, véndoo medrar e converterse nunha árbore frondosa.

Plantáronse exemplares de castiñeiro de froito, cerdeiras silvestres, maceiras silvestre, érbedos, arandeiras, framboesas, acivros, nogais…entre outros.

Anterior Un Entroido diferente pero cheo de espírito e actividades en Marín

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados