O club de Buceo Rías Baixas organiza unha limpeza submarina en Aguete este domingo
Praia de Aguete

O club de Buceo Rías Baixas organiza unha limpeza submarina en Aguete este domingo

As persoas buceadoras que queiran participar terán que anotarse previamente. Para colaborar como voluntario en terra, só será preciso ir ao porto ás 09.30 horas.

Marín, 15 setembro 2025

Este domingo, o club de buceo Rías Baixas organiza unha limpeza submarina no Porto de Aguete, enmarcada no seu proxecto “Recuperación do Morrazo Somerxido”, impulsado polo Plan Social de Ence e que conta coa colaboración do Concello de Marín.

Tal e como explican desde a organización, realizarase tanto unha limpeza submarina como unha recollida superficial de residuos nas inmediacións. Os buzos titulados que queiran participar de voluntarios realizarán unha inmersión baixo a organización e directrices do club, para que a actividade sexa efectiva e segura. Será preciso anotarse contactando co clube a través das súas redes sociais. A actividade é totalmente grauíta.

No caso das persoas que non sexan buceadoras, poden axudar como voluntariado en superficie, vixiando e prestando asistencia aos buceadores, transportando residuos e clasificándoos e apoiando a iniciativa medio ambiental. Para participar nesta modalidade non é preciso apuntarse, só estar no Peirao de Aguete ás 09.30 horas.

Anterior A alcaldesa recibe á nova directiva da Comunidade de Montes de San Xulián

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados