Chega a celebración das festas patronais a San Xulián, en honra da Virxe dos Remedios, do 19 ao 21 de setembro
Chega a celebración das festas patronais a San Xulián, en honra da Virxe dos Remedios, do 19 ao 21 de setembro

Chega a celebración das festas patronais a San Xulián, en honra da Virxe dos Remedios, do 19 ao 21 de setembro

A concelleira Marián Sanmartín acompañou á Asociación organizadora das festas na presentación da programación

Marín, 16 setembro 2025

A Asociación de Festas Amigos de San Xulián ultima os detalles dos preparativos das festas patronais da parroquia. Ata a parroquia achegouse a concelleira Marián Sanmartín para acompañar á comisión na presentación da programación, que encherá de música e tradición a fin de semana.

Os actos festivos comezan o venres 19 de setembro a partir das 23:00 horas coa Festa da Mocidade, a cargo dos Dj´s Jorge Álvarez e Adrián Gold, que farán vibrar aos mozos e ao público en xeral.

O sábado 20 a parroquia honra á Virxe do Carmen, empezando ás 9:00 horas da mañá cun pasarrúas a cargo da Charanga Noroeste, acabando coa sesión vermut no atrio da festa, onde haberá un posto de venda de polbo.

Ás 18:00 horas da tarde, chegará a quenda de Óscar Fernández, que sorprenderá a pequenos e maiores co seu espectáculo de maxia, e a continuación, ás 20:00 horas, celebrarase a misa solemne en honra á Virxe do Carme, seguida da procesión acompañada polo Grupo de Gaitas Carballido, onde ao acabar darán un concerto.

Para rematar a xornada do sábado, a comisión de festas ten preparada unha verbena a partir das 22:00 horas co Grupo Galia e o espectacular concerto de Son das Tabernas, que acaban de estrear un videoclip “Verbena” e un disco recentemente, titulado “Arrancadeira”.

O domingo 22, a xornada está dedicada á Virxe dos Remedios, onde desde as 9:00 horas a Charanga OT animará as rúas da parroquia. Ás 12:00 horas, celebrarase a misa solemne en honra á Virxe dos Remedios, seguida de procesión con acompañamento do Grupo Folclórico Buxainas nos Pés, onde ao finalizar dará un concerto no atrio parroquial onde haberá outra vez pulpeiro.

Ás 18:00 horas, será o espectáculo familiar con 2mind combined, que fará as delicias dos máis pequenos e ás 21:00 horas, comezará a verbena que estará a cargo do Grupo Tania Veiras, coñecida por ser rostro televisivo na TVG. Ás 23:00 horas, será a gran tirada de lumes de luces.

O recinto da festa estará cuberto por unha gran carpa e haberá bar a cargo da comisión e postos de comida ambulante.

Desde a Asociación de Festas Amigos de San Xulián agradecen a colaboración prestada por todos os veciños, amigos, Comunidade de Montes de San Xulián, Concello de Marín e Deputación de Pontevedra para que as festas patronais da parroquia de setembro póidanse levar a cabo.

Anterior O club de Buceo Rías Baixas organiza unha limpeza submarina en Aguete este domingo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados