A Aula CeMit acollerá unha nova edición dos cursos de dixitalización para maiores

A Aula CeMit acollerá unha nova edición dos cursos de dixitalización para maiores

A Fundación de Galicia impulsa estas formacións a través do programa “Mellor Acompañad@s”. Serán os venres 3, 10 e 17 de outubro, en horario de mañá

Marín, 16 setembro 2025

O Concello de Marín volve ofrecer os cursos gratuitos de dixitalización para persoas maiores, organizados pola Fundación Amigos de Galicia. O programa “Mellor Acompañad@” ten como obxectivo fomentar a autonomía e a independencia das persoas maiores.

As actividades formativas que se levarán a cabo teñen como fin que as persoas maiores de 65 anos sexan capaces de desenvolverse cun caixeiro automático (disporase dun simulador para realizar transferencias, pago de recibos, etc), utilizar o teléfono móbil (agregar contactos na axenda, realizar vídeochamadas, utilizar o GPS, descargar aplicacións, conectarse a unha rede Wifi, entre outras), utilizar as máquinas de quendas dos hospitais e operar na aplicación do Sergas.

As sesións formativas serán os venres 3, 10, e 17 de outubro, en horario de 09.30 a
12.30 horas e será preciso inscribirse en Alcaldía, ou ben presencialmente ou a través do teléfono 986880300 e do mail alcaldia@concellodemarin.es.

Anterior Chega a celebración das festas patronais a San Xulián, en honra da Virxe dos Remedios, do 19 ao 21 de setembro

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados