Antón Sobral sopra as 50 velas da súa traxectoria artística cunha mostra retrospectiva no Museo Torres
Antón Sobral

Antón Sobral sopra as 50 velas da súa traxectoria artística cunha mostra retrospectiva no Museo Torres

O pintor fará un percorrido pola súa obra ata agora, inaugurando a exposición o martes 11 ás 19.00 horas

Marín, 07 novembro 2025

Antón Sobral é mar, é Marín, é arte. É pensar no azul, nos turquesas, no violáceo das mellores estampas do ceo, motivo recurrente na súa estensa obra, da que fará un percorrido na mostra que se inaugurará o martes 11 ás 19.00 horas no Museo Municipal Manuel Torres.

Unha retrospectiva que non só fala dos seus cadros, senón tamén de si mesmo como artista e como persoa, nunha reconstrución humanística de 360 grados na que colaboran nove amigos e amigas, cuios textos compoñen un catálogo imprescindible para entender, como di el mesmo, quen é ese tal Antón Sobral.

Anterior A doenza e a súa curación no tempo: temática elixida para as XXIV Xornadas Blanco Freijeiro

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados