Haberá restricións do tráfico e cambios no transporte urbano a partir das 16.30 horas de mañá. Estímase que o asfaltado dure sobre tres horas.
Marín, 11 decembro 2025
Os traballos de Rúa da Ponte avanzan e xa están entrando na súa recta final. Esta noite, a partir das 22.30 horas, realizaranse os traballos de fresado, que son previos á renovación da capa de pavimento que se estenderá pola estrada.
A pavimentación, polo tanto, levarase a cabo mañá, venres, a partir das 16.30 horas e ten unha duración prevista de tres horas.
Nesa horquilla de tempo, estará restrinxido o tráfico e o transporte urbano sufrirá modificacións, estando só operativa a liña que circula pola Avenida de Ourense.
O Concello pide disculpas polos trastornos que poderán supoñer estes traballos, pero espera que se fagan con toda a dilixencia e axilidade posible para poder canto antes rematar finalmente coa obra e estrear a nova imaxe da Rúa da Ponte, máis cómoda e accesible para a veciñanza e o comercio.