O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2025 foron tramitadas 36 solicitudes máis desta axuda, chegando ás 118.
Marín, 23 xaneiro 2025
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá que desde o inicio de ano está aberto o prazo para solicitar no departamento de Tesourería do Concello a bonificación do 40% do IBI que o Concello ten habilitado para as familias numerosas.
Esta bonificación, que se aplica sobre a cota íntegra, forma parte da política fiscal do Goberno local desde o ano 2020 “e que consideramos esencial para axudar ás familias de Marín que máis precisan dun apoio polos elevados gastos que teñen, especialmente nun momento tan delicado a nivel económico coma este”. No 2025, tramitáronse 118 solicitudes, 36 máis ca no ano anterior.
Agora, as familias interesadas poderán solicitar a bonificación ata o 30 de abril, presentando o título acreditativo da súa situación de familia numerosa vixente no exercicio actual e a referencia do inmoble sobre o que se aplicará a redución do 40% no pago do IBI. Esta documentación pode presentarse a través do Rexistro do Concello ou na sede electrónica.