Pasos elevados e redución davelocidade en Dr. Otero Ulloa parareducir a sinistralidade e mellorar aseguridade viaria

Pasos elevados e redución davelocidade en Dr. Otero Ulloa parareducir a sinistralidade e mellorar aseguridade viaria

A Axencia Galega de Infraestruturas iniciou recentemente estas obras despois de recibir a petición do Concello, a raíz dos escritos presentados pola veciñanza e a asociación de comerciantes tras varios accidentes

Marín, 19 maio 2026

A PO-551, ao seu paso pola Rúa Dr. Otero Ulloa, en Seixo, foi tristemente o escenario de varios accidentes de gravidade, debido ás infraccións en materia de velocidade. Unha situación que se repite de cotío e que supuxo as queixas formais por parte da veciñanza da zona e da asociación de comerciantes, ACEMAS.

O Concello, coincidente nesta análise e ante a sinistralidade que presentaba este tramo de estrada, derivou á Xunta de Galicia, administración titular da vía, a petición para o estudo e a toma de medidas para mellorar esta situación, calmando o tráfico e melloradno a seguridade viaria. “Debemos ter en conta que esta é a arteria central de comunicación do segundo núcleo urbano de Marín e que ten moito tránsito peonil e moito movemento”, explicou o concelleiro Pablo Novas.

Así, a Xunta decidiu habilitar tres pasos de peóns elevados, mellorar o firme nos puntos máis deteriorados e reducir a velocidade neste tramo urbano dos 50 km/h actuais a 30 km/h.

As obras para adoptar estas medidas xa están executándose e avanzando desde a pasada semana.

Anterior O pulpo da ría volve ser a enseña da Carreira Carmiña, unha proba imperdible para os amantes do running e da natureza

2026 Concello de Marín. Todos los derechos reservados