A ampliación do abastecemento de auga en Bexe.

A ampliación do abastecemento de auga en Bexe.

Xa están instaladas todas as tubaxes da rede e procederase á pavimentación este mes

A obra de ampliación da rede de abastecemento en Bexe, coa que se dotará deste servizo esencial a 35 vivendas deste lugar de Seixo, está preto de finalizar. Segundo explicou o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, xa están practicamente colocadas todas as tubaxes que conforman a nova rede.

“Agora, nos próximos días, realizarase a proba de presión e despois iniciarase a reposición do pavimento. Ademais, executarase unha cuneta nun dos viarios, que estaba moi deteriorada e que por iso é necesario facela de novo”, explicou o edil.

Novas lembra aos veciños que se beneficiarán da nova rede que desde xa poden solicitar a conexión ao abastecemento, a través do Rexistro do Concello.

“Estamos moi satisfeitos de levar a cabo esta obra, porque é unha actuación moi importante que os veciños levaban tempo demandando, xa que sobre todo no verán tiñan problemas cos seus abastecementos privados. Desta forma, pomos fin á problemática”, acabou Novas.

O investimento realizado na actuación é de 126.000 euros, con cargo ao Remanente de Tesourería.

Anterior Converterse nun experto da cociña da man de Iñaki Bretal será posible no EEIA

2026 Concello de Marín. Todos los derechos reservados